Ela andaba a namorar.
ELA
-POEMA 4
Ela andaba á beira da sua fiestra, tan cursi!
que tiña laranxas verdes e un abano con paxaros.
-Que vidro nasceu naquela goteira que toda a
noite soa a vals?
Ela tiña unha alma inxel chea de pontas de dedos
e no branco dos ollos levaba un horizonte de tangos de acordeón.
Ela andaba a namorar.
(Poemas do si e non)
“Ela i El”, poema 3
Alvaro CunqueiroEla i él andiveron os triángulos tépedos da confluencia
dos ríos
esculcando a beira do vidro carnoso dos seus mesmos ollos.
A sombra era a máis lonxana carne das cousas.
Ela avanzou por diante dos cóbados e os rostros
e houbo un estrondo valdeiro que soóu a melancolía dos
astros que perden o miragre do eclipse.
El quedouse coas suas propias mans naquela despedida.
Poemas do si e non
Na nao do mar laranxa
Anda a noivar
Seus amores pequeniños
Non os contar
Porase coloradiña
Hastra o van.
E tapará os dous ollos
Con unha man.
Anda a noivar
Non o contar!
De Mar ao Norde.
ELA
POEMA 6
Ela vestía os traxes curtos da primavera.
Andaba con paso de ribeira ou torso xacente deixando caír os brazos todo ao longo das súas máns máis imprevistas.
Alumna desprendida do ár a mañán levaba a sua côr igoal que os vidros a levan a ela.
Ela seguía andando a namorar.
“Poemas do si e non”
Álvaro Cunqueiro
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Moitas grazas.