"A imaxe é o vehículo da emoción, é a súa enerxía, e con ela facilítase o acceso á consciencia, é dicir, que toda emoción é factible de transformarse nunha imaxe. Toda imaxe conforma un acto creativo e é por iso que o inconsciente fundamenta a creatividade"
C.G.Jung

“Desde el punto de vista espiritual, el viaje no es nunca la mera traslación en el espacio, sino la tensión de búsqueda y de cambio que determina el movimiento y la experiencia que se deriva del mismo”.
“En consecuencia
estudiar, investigar, buscar, vivir intensamente lo nuevo y profundo, son modalidades de viajar o, si se quiere, equivalentes espirituales y simbólicos del viaje”.
J.E. Cirlot

lunes, 20 de agosto de 2012

GAIOLAS, ESPELLOS E CAMPÁS DE CRISTAL : SYLVIA e ALEJANDRA

Jan Garbarek - Desireless
Ilustración de Mónica
Alejandra Pizarnik
Sylvia Plath

(Ilustracións de Esther Rodríguez Cabrales)

SYLVIA PLATH; A CAMPÁ DE CRISTAL

"Sabía que debía estarlle agradecida á señora Guinea, só que non podía sentir nada. Se a señora Guinea me tivese dado unha pasaxe a Europa, ou unha viaxe arredor do mundo, non tería habido a menor diferenza para min, porque onde queira que estivese sentada -na cuberta dun barco ou na terraza dun café de París ou Bangkok-estaría sentada baixo a mesma campá de cristal, axitándome no meu propio aire viciado" (p.206).

"Acomodeime no asento de felpa gris e pechei os ollos. O aire da campá de cristal acolchábase ao meu arredor e eu non podía movelo (p.207).

Logo do electroshock que lle practican baixo prescrición da doutora Nolan di:
"Toda a calor e o medo desapareceran. Sentíame sorprendentemente en paz. A campá de cristal pendía suspendida, a uns cantos pés por enriba da miña cabeza. Eu estaba aberta ao aire que circulaba" (239)

"Para a persoa encerrada na campá de cristal, baleira e detida como un bebé morto, o mundo mesmo é o pesadelo" (264)


" Como podería saber eu se algún día na universidade, en Europa, nalgún lugar, en calquera lugar, a campá de cristal coas súas asfixiantes distorsións non volvería descender? " (p.268)

ALEJANDRA PIZARNIK E A GAIOLA 




Fóra hai sol.
Non é máis que un sol
pero os homes mírano
e despois cantan.

Eu non sei do sol.
Eu sei a melodía do anxo
e o sermón quente
do último vento.
Sei berrar ata a alba
cando a morte se pousa nua
na miña sombra.

Eu choro debaixo do meu nome.
Eu axito panos na noite e barcos sedentos de realidade
bailan comigo.
Eu oculto cravos
para escarnecer aos meus sonos enfermos.

Fóra hai sol.
Eu vístome de cinzas.

(Alejandra Pizarnik, de Las aventuras perdidas, 1958)

 Esta lúgubre manía de vivir
esta recóndita humorada de vivir
arrástrache alejandra non o negues.


Ilustración de Mónica


SYLVIA PLATH; O ESPELLO

Son de prata e exacto.
Non teño prexuízos.
Todo o que vexo o trago de inmediato
tal e como é,
sen a turbiedade do amor ou da antipatía.
Non son cruel, só veraz-
o ollo dun pequeno deus con catro esquinas-.
A maior parte do tempo medito
sobre a parede de en fronte.
É rosada. Con manchas. Mireina tanto
que creo que forma parte do meu corazón. Pero móvese.
Caras e escuridade sepárannos unha e outra vez.

Agora son un lago. Unha muller asómase sobre min,
buscando na miña extensión o que ela é en realidade.
Logo vólvese cara a esas embusteiras, as velas ou a lúa.
Vexo as súas costas e reflíctoa con fidelidade.
Recompénsame con bágoas e xesticula coas mans.
Son importante para ela. Vén e vai.
Cada mañá é a súa cara o que sucede á escuridade.
En min afogou unha rapaza, e dende min
unha muller maior
elévase cara a ela día tras día, como un peixe terrible.



Pizarnik

 "O poema que non digo
 O que non merezo. 
Medo de ser dous
 camiño do espello
alguén en min durmido
cómeme e bébeme".

3 comentarios:

  1. Están moi ben e son autoras das que lin pouco, pero os que máis me gustaron son os seis últimos versos que non veñen asinados.
    Encántame a ilustración da cabeza e o peixe reloxeiro.
    Obrigado por compartires. JU

    ResponderEliminar
  2. O tema de Garbarek...tremendo. JU

    ResponderEliminar
  3. Bo día, Ju.
    Por certo, JÚstame que veñas porque así pulo e matizo.
    Mellorei a traducción do espello. Faltaba o peixe, "o peixe crono devorador de cronopias". Ese debuxo fíxeno tempo atrás para ilustrar o poema do espello de Plath.
    Concordo : O tema de Garbarek pon os pelos de punta.
    En cantos aos seis últimos versos, a autora é Alejandra Pizarnik.

    Unha aperta e "graciaaasss por veniiiiir", comentar, criticar e ESTAR.

    ResponderEliminar

Moitas grazas.