Ata os fuciños de erúditos, árbitr@s da elegancia, crític@s, expert@s en todo, mestres de nada, sobrad@s, soberbi@s, ignorantes do esencial, trepas, tecnócratas, transhumanistas, psicópatas e teleadict@s.
Farta de mentes distópicas, enfermas .
Farta de progres de salón
que agardan o Armagedón
deitados no seu sillón.
Ahora estoy rematando "La taberna", y vuelvo a lo mismo...
Es la historia de una taberna que no existió, pero que la gente, alguna gente, encuentra cosas que dice las conoció -las supo- en la taberna de Galiana.Suponed que hay un camino que va por el mar, de Galicia a Bretaña -a la Grande y a la Pequeña Bretaña, a la del rey Artús y a la del vizconde de Chateaubriand-, Suponed que en el camino, en un lugar donde las verdes olas se comban como una colina, está la taberna de Galiana. Suponed que los fantasmas celtas y toda la gente del sábado aposentan allí y pagan portazgo. Suponed que un sábado cualquiera yo, desde una pequeña ventana, veo entrar y salir los huéspedes. Suponed que cuando entra la demoiselle de Batz, mi corazón se apresura y me vienen a los labios turbadas y cálidas palabras de amor.
La taberna de Galiana, con su enseña del buey borracho -casi un buey portugués de cuerna amplia y palma-, era muy visitada por los viajeros que iban de Bretaña a Galicia por el camino de los mares. En la taberna de Galiana hacían los viajeros la última noche de su romería. Se dice que bajo la enseña del buey borracho la taberna tuvo, desde la más remota antigüedad, fama extraordinaria y que era cosa corriente que en ella acontecieran prodigios. El dueño era un orensano, el Casalón, gordo y reidor, hablador empedernido, algo bebido siempre y buen cristiano. Estaba casado con una moza bretona, hija de un senescal". Cunqueiro, La voz de Galicia, 1953
Había unha chea de tempo que Cunqueiro viña matinando en escribir unha novela con este título, que lle adicaría a Ramón Piñeiro. Pensou moito nela, e tivo sempre o propósito de lle dar remate antes de que a sua doenza se agravase máis. Un día, respondendo a este anceio seu, púxose a teclear na máquina o enceto da narración. Mecanografiou o primeiro folio, e non pasou de ahí. Inda que, en varias ocasións, tencionou reanudar o traballo, nono conseguiu. O mirar enfeblecido dos seus ollos impediullo.
Pra coñecemento dos leitores de GRIAL e dos que se interesen pola obra cunqueirana, reproducimos a seguido as frases mecanografiadas coas que encetou o libro que non chegaría a continuar.
Un día recibín por sorpresa unha proposta tan ilusionante como irreal....
Alguén veu nas redes os meus debuxos de persoaxes de Cunqueiro e gustou deles.
A proposta consistía en participar, coas miñas ilustracións, nun proxecto de musealización da casa natal de Cunqueiro en Mondoñedo. A equipa estaba integrada por un arquitecto, unha catedrática de literatura, un deseñedor gráfico e , por último, servidora e as súas criaturas inspiradas nas obras de Don Álvaro.
Sentía que aquilo quedábame grande. Tamén sentía que non merecía tal agasallo do destino, habendo , como hai en Galiza, tan bos ilustradores e ilustradoras e artistas en xeral. Pero é tal a paixón que sinto por este autor e a súa obra que aceptei , inxenuamente, formar parte deste grupo de traballo e deste marabilloso proxecto.
Foi a concurso e despois de moito tempo agardando a resolución do mesmo, a teimuda realidade impuxo a súa tiranía e alí quedou, no caixón dos soños incumpridos.
Días pasados quixen ir alí. Ver que fora da miña ilusión...
...Pois UNHA ENORME DESILUSIÓN .
Non me gustou nada o resultado. Por moitas razóns , pero sobre todo , porque non se respira Cunqueiro por ningures. Un resultado gris, carente de imaxinación .
A casa é moi bonita, cunhas vistas extraordinarias á praza e á catedral pero a atmosfera orixinal na que Cunqueiro desenvolveu a súa actividade literaria tamén está ausente .
Se cadra fora preferible respetar os espazos da intimidade creadora do escritor , fieles ao que foron na realidade ( onde por suposto non pintan nada nin un restaurante nin unha cafetería) e adicar outro espazo diferente ao inagotable universo de Cunqueiro.
Non o sei .
Só sei que o Gatipedro, o bolimarte, o sorisco falador, a serea Venadita, o tordavisco, Tristán, o emperador da China, Sari e Sinbad, e demais familia, saímos da Casa Museo de Cunqueiro tristocos e co rabiño entre as pernas.
Literatura e intereses partidistas non casan ben.

![]() |
| Cronopiana seducindo ao príncipe de Bichimelandia. |
![]() |
| A meiga Cronopiana despois do bico desenfeitizante que a converte en fada |
![]() |
| A duquesa de "Míramenonmetoques" charlando amistosamente co mago de Xerusalén. No espello, as fadas Coralia e Maruxa , unidas polo reflexo, observan a escena. |
![]() |
| O cabaleiro "Ferdinand Corazón de León" acariciando ¿amorosamente? ao meigo de Xerusalen. Desde o espello, unha mirada baixo un sombreiro observa todo. ![]() |
| . |
![]() |
| As fadas Maruxa e Coralia a piques de saír voando entre libélulas e volvoretas . En direccións opostas pero cara a un único destino: ELAS mesmas. |

![]() |
| O mago de Xerusalén namorando á nínfula dos bosques. |
![]() |
| A nínfula dos bosques, despois de aceptar as proposicións deshonestas do meigo de Xerusalén. "As rexoubonas" seguen observando desde o outro lado do espello. |
![]() |
| A autora espiritual deste relato en pleno proceso creativo. |
![]() |
| Cando despertaron, o tesouro aínda estaba alí. |