"A imaxe é o vehículo da emoción, é a súa enerxía, e con ela facilítase o acceso á consciencia, é dicir, que toda emoción é factible de transformarse nunha imaxe. Toda imaxe conforma un acto creativo e é por iso que o inconsciente fundamenta a creatividade"
C.G.Jung

“Desde el punto de vista espiritual, el viaje no es nunca la mera traslación en el espacio, sino la tensión de búsqueda y de cambio que determina el movimiento y la experiencia que se deriva del mismo”.
“En consecuencia
estudiar, investigar, buscar, vivir intensamente lo nuevo y profundo, son modalidades de viajar o, si se quiere, equivalentes espirituales y simbólicos del viaje”.
J.E. Cirlot

sábado, 10 de diciembre de 2016

Alunizando de novo



Para que volvo a esta lúa?
Algo novo que contar?
Algo que poida interesar a alguén máis que a min mesma?
NON
NADA NOVO
NADA DE INTERESE.
Só o pracer e a vana ilusión de ordenar o caos.
Poñer orde na vida que flúe caótica e  parece que busca ser narrada.
E a iso viña eu antes. Eu que son unha pésima contadora de historias.
Unha auténtica teatreira . Unha cómica bastante tráxica, ás veces. E ata patética, outras.

Viña a iso. 
Antes.
Agora xa non.
Deleitémonos  no fragmentario.
As fotografías de Manuel falan por si soas.
E aí van uns cantos fragmentos vividos.
Deliciosamente sentidos.
Sen orde nin concerto.
Porque sinto que todo é para algo. Hai orde no caos. Unha lóxica interna no absurdo aparente.
Casi teño a certeza.

Ese paporrubio morreu ao día seguinte de tomarlle a foto. Non é posible que tanta beleza desapareza así.
Sen dúbida, existe agora noutro plano.
A saber en que se transformou...




















LIBRO DE FAMILIA

Para os padriños




















lunes, 16 de mayo de 2016

PHAROS





"Hai un lapsus no Xénese. E é que non di cando foron concibidos os faros. Son obra humana, pero pertencen a unha orde especial da natureza, como os barcos. Por moi prodixiosas ou grandiosas que sexan outras construcións, non hai arquitectura comparable.
Os faros son seres vivos. Máis que formar parte da paisaxe, créana."

Manuel Rivas











Para vir a onde non sabes, tes que ir a onde non sabes.

(Juan de la Cruz)


































 
A escuridade reina aos pés do faro.
 Proverbio xaponés.











domingo, 15 de mayo de 2016

Alixeirar, soltar, voar...

 "Non creas o que din os teus ollos .
  Só mostran limitacións.
  Mira co teu entendemento, descobre o que xa sabes, e acharás o xeito de voar."

 Bach; Xoán Salvador gaivota