Metida xa de cheo no meu papel de Capitana Atelierista , Serea Capitana ou Acróbata de Chagall, desprego a carta mariña e poño rumbo ó noso destino.
O vento é favorable , as velas inchadas e o ánimo entusiasta.
PROPOÑO unha viaxe artística a través dos sentidos.




AFIRMO que o gran problema do noso sistema educativo é o de primar ó hemisferio esquerdo ( verbal, racional , temporal, análitico, lóxico) descoidando o outro medio (intuitivo, holístico,irracional,atemporal,subxectivo)
SOSTEÑO que non se pode expresar artísticamente nada que antes non pasara pola percepción sensorial, que é necesario estimular a sensibilidade dos nenos, que deberíamos darlle maior protagonismo o noso hemisferio dereito, que temos que crear e cultivar a atmosfera que propicie a creación artística.
SUXIRO traballar coa realidade máis cercana a eles e a min : O MAR.
O MAR A TRAVÉS DOS SENTIDOS.
As mestras levan ós nenos a praia para que ulan, vexan, toquen e escoiten o mar.

ANIMO a realizar exercios de relaxación cos ollos tapados para que escoiten , toquen e ulan diversas realidades mariñas e agudicen así , a súa percepción antes de emprender a aventura creativa.


TACTO E VISTA serán os dous sentidos protagonistas no noso traballo (TEXTURAS E COR)
Ilustracións de Aka Louise (El baúl que no tenía mi abuela)
Fotografías das profesoras que traballaron no proxecto.
Yann Tierssen -






































