“El
estado de transparencia se define como una de las más efectivas y
bellas conjunciones de contrarios: la materia “existe” pero es
como si no existiera, pues se puede ver a su través”
VICTOR BRAUNER | |
1903-1966)
Rumanía Surrealismo Un dos menos coñecidos membros do movemento surrealista e quizais un dos máis interesantes. Rumano de nacemento, sempre tivo interese na maxia e de feito practicaba o espiritismo e o ocultismo, actividades que acabarían por influír nunha obra, na que abunda o esotérico, a numeroloxía, o tarot, a alquímia. Nos anos 20 viaxaría a Parides, onde se sentiu como en casa. Todo alí nesa época era un paraíso para os amantes do subconsciente, os soños e as ciencias ocultas. Amigo do seu paisano Brancusi, acabaría por asociarse nos anos 30 co surrealismo oficial e institucionalizado de André Breton. Na Segunda Guerra Mundial, a carencia de materiais para o artista foi era absoluta e Brauner viuse obrigado a experimentar co primeiro que pillaba. Foi aí onde descubriu a cera de abeja, material que usaría en posteriores obras. A arte primitiva (especialmente o precolombino) e as ciencias esotéricas sempre foron as súas máximas influencias. Pero nesa época xorde unha nova e estraña obsesión: comeza a manifestarse en Brauner unha inquietante fijación polos ollos, en concreto polos ollos feridos. Este tema aparece reproducido unha e outra vez en moitas das súas pinturas, pintando nese periodo case exclusivamente este estraño tema. En 1938, anos logo de realizar estas aglaiantes pinturas produciuse unha pelexa entre pintores en Montparnasse. Nada inusual, desde logo, pero Brauner andaba por aí e un vaso de cristal foi a caer á súa cara e esnaquizoulle un ollo. O mesmo ollo que o artista representara en plena etapa de obsesión polos ollos. Incluso a ferida plasmada na súa autorretrato era idéntica. Azar?? premonición sobrenatural?? O caso é que este incidente foi absolutamente fascinante para os surrealistas e Brauner acabaría por aceptar o seu destino: O ollo cíclope, converteuse nun elemento dominante nas súas obras. En 1939 o doutor Pierre Mabille escribiu na revista Minotaure (órgano de propaganda surrealista) un artigo sobre o feito: «O home que coñecín antes do accidente, era inseguro, tímido, pesimista e desmoralizado. Agora, liberouse. Expresa o seu pensamento con claridade e autoridade. Traballa con forza renovada e está preto de conseguir os seus obxectivos». |
http://www.museobbaa.com/recursos-online/arte-y-poesia/assets/resources/Brauner.pdf
http://www.jornaldepoesia.jor.br/ag70luis.htm



“La pintura es una técnica iniciática que me empuja a mis zonas secretas e internas y me ayuda realizar importantes descubrimientos” Victor Brauner