“Despois de tantas voltas e revoltas, despois de tantas viravoltas e trasvoltas polas lonxanías do espazo e do tempo, en procura de algo inédito que nos salvara do habitual e vulgar, viñemos dar na solprendente descoberta de que Galicia, a nosa Terra, oculta ao noso ollar por un espeso estrato de cultura allea, falsa e ruín, vulgar e filistea, ofercíanos un mundo tan esteso, tan novo, tan inédito, tan descoñecido, coma os que andabamos a procurar por ahí adiante”.
Risco ; Nós, os inadaptados, publicado no número 115 da revista Nós, en 1933
