Álvaro Cunqueiro "Imaxinación e creación", Grial, 19633
Esta viaxe comezou "por casualidade". O alumnado de 3º C e unha servidora líamos Arnoia, Arnoia de Méndez Ferrín, cando de súpeto , buscando a Trabe de Ouro dos Profundos, sentímonos transportados no tempo e no espazo nunha viaxe case sen retorno. Unha viaxe mítica : ao País da Mourería, nada menos.
Alí atopamos de todo : mouras e mouros, mámoas e antas, serpes, peites dourados, trabes de ouro e tesouros soterrados. Atopamos tamén literatura oral e escrita , lendas recollidas aquí e acolá, e relatos de autores como Risco, Cunqueiro, Ferrín ou Raquel Miragaia.
E tamén buscamos , como Indiana Jones na procura da arca perdida, o rastro dun santuario precristián en Coirós , Betanzos , recreando plásticamente este incrible petroglifo antropomorfo feminino , máis coñecido como A MOURA DE PENA FURADA.
E aquí vai unha mostra do resultado.
Imos alá.
Só queda sinalar que a maior parte dos textos que aparecen nesta entrada pertencen ao seguinte documento :
Rafael Quintiá ; RELATORIO MOUROS E MOURAS , NA PROCURA DE NÓS MESMOS, publicado nas actas das V XORNADAS DE LITERATURA DE TRADICIÓN ORAL .



Traballo realizado polo alumnado de 3º C de ESO do IES Leliadoura e coordinado polo profesor de plástica, Lolo Garrido e pola profesora de Ámbito Sociolingüístico, Mónica Montero.
EXPOSICIÓN NA BIBLIOTECA DO IES LELIADOURA do 7 ao 22 de maio de 2015.
IES
LELIADOURA. PRIMAVERA CULTURAL. Curso 2014/15
CONCURSO
“VIAXE AO PAÍS DA MOURARÍA”
Nome:
Curso:
Deberás
contestar correctamente ao maior número de preguntas . Para isto
consultarás á información que proporcionamos na exposición ,
pero tamén deberás manexar a bibliografía que poñemos a túa
disposición nesta mostra. Gañara o “tesouro” aquel ou aquela
que responda correctamente a tódalas preguntas. En caso de empate
haberá un sorteo entre os gañadores/as.
1ª)
Que é un mito para ti?
2ª)
Escoitaras falar das mouras e mouros antes de agora? Que entendías
por mourería?
3ª)
Pregunta aos teus maiores (familiares, veciños...) se coñecen
algunha lenda de mouras/os. Se é así escríbea e tráinola. Deberás
grapala e adxuntala a este cuestionario.
4ª)
En Galicia existen un gran número de topónimos relacionados coa
mourindade. Escribe o nome de sete deles e indica a súa localización
xeográfica.Que entendemos polo tempo da mouraría?
5ª)
Hipóteses sobre a etimoloxía da palabra mouro/a.
6ª)
Desde cando temos constancia escrita da crenza tradicional nos mouros
? Indica o autor , a obra e o século.
7ª)
E das mouras?
8ª)
Son o mesmo MOUROS e MOURAS? Cal dos dous mitos parece máis antigo?
9ª)
Que son os mouros?
10ª)
Que son as mouras?
11ª) Cales son os obxectos dos que adoitan acompañarse as mouras?
12ª)
Como describe Vicente Risco á moura na Trabe de ouro e outros
contos.
13ª)
Como describe Cunqueiro as mouras galegas?
14ª)
Escribe o nome de tres autores galegos que utilizaron as lendas de
mouros e mouras nas súas obras?
15ª)
Que é a trabe de ouro? E a trabe de alquitrán?
16ª)
Que gardan os mouros e onde o gardan?
17ª)
Que outro nome reciben os tesouros segundo Álvaro Cunqueiro?
18ª)
Cunqueiro fala extensamente dos tesouros nun famoso discurso. Cal?
19ª)
Hai un día no ano en que as mouras gostan de aparecerse e poñer os
seus tesouros a asollar. Que día?
20ª)
Localización xeográfica do petroglifo de Pedra Furada.
21ª)
Alonso Romero manexa a hipótese de que a moura data da Idade Media.
Con que esculturas a relaciona?
22ª)
Que eran as sheelas-na-gigs?
23ª)
Os arqueólogos que traballaron no xacemento de Pedra Furada conclúen
que se trataba dun..........................adicado á
deusa...................
24ª)
Que relación hai entre as mouras e as serpes?
25ª)
Que relación existe entre as mouras e os megálitos?
http://lalunaquesemeceternamente.blogspot.com.es/2014/06/mouras.html
http://lalunaquesemeceternamente.blogspot.com.es/2014/06/mouras-de-san-xoan.html