Trátase dun serio problema de identidade.
Xa vos falei da miña personalidade múltiple (cronopia, fama e esperanza a un tempo) e a miña idiosincrasia anfibia : peixe con ínfulas de paxaro, garabanzo voador,muller sardiña...
Pois ben, agora LÚA, é DUDA pensan que non son cadelas.
Elas cren que son plantas, flores , cabazas, ou centros de mesa.
COCO é única que sabe que é ELA MESMA , coa súa complexa , integrada e xenuina identidade canina .
Cando eu sexa maior, quero ser como ela.
Confío en que Sali Baba me axude a conseguilo.

"Indudablemente, son a flor máis fermosa deste xardín" LÚA dixit


Pensamentos de DUDA : "Que estraño. Son a única cabaza que ten pelo"

"En finx, ¡que vida máis dura!. Case que vou durmir un pouco porque esto de decorar mesas é agotador"

"Vaaaale, Perseeeooo, dispaaaaraa.(¡Ay Deus! Non se pode ser tan guapa)."

ZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZ...

"Éstas dúas non me preocupan. Son os poucos anos. Xa lles pasará. O caso grave é o da Cronopia. Hoxe levaba o corpo cheo de plumas e un sombreiro de Napoleón e non paraba de recitar, a voz en grito, o Ramayana, o Rubaiyat e A Canción do Pirata de Espronceda.
A ésta non a salva nin Sali Baba".
COCO
Les Luthiers -
NUBLA ; ES LO QUE SOY YO
¿ Es el ser mejor en el hecho de ser?
¿es el ser ya SER en el hecho de ESTAR?
Está claro que lo mejor debe ser yacer en el lecho de Esther.