jueves, 2 de febrero de 2023

Estreando ano na lúa



Da exposición  Sueño de Navegante , colección de pintura cubana.Abanca.Santiago de Compostela.



 



En gramática, chamamos modalidade oracional á actitude do falante ante aquelo que enuncia.

Por situacións que estou observando estes días, e sen pretender pontificar, creo que cheguei a  unha conclusión. 

EXISTEN DÚAS CLASES DE PERSOAS:


a) AS ASERTIVAS

b) AS DUBITATIVAS.


AS primeiras, en xeral,  son arrogantes, prepotentes e maleducadas . "TodoLoSabenYtodo lo entienden" e onde elas están non medra a herba.

Pola contra, as segundas, son correctas, amables e  empáticas.

Saben o delicadas que son as relacións humanas e procuran non ferir nin comportarse como elefantes nunha cacharrería.


Por desgraza,  este mundo é dos asertivos/as.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Moitas grazas.