lunes, 6 de febrero de 2023

A maldade.



 Concordo con Mary Shelley cando di por boca de Frankestein: "Son malo porque son desgraciado"

Penso que a profe Maruja era  moiii desgraciada, por iso era tan mala.

Era unha muller moi maior,  moi coxa e  moiiii amargada.

Vivía soa e gozaba  destrozando a infancia  dos pequech@s pre-escolares.

Falo dos estertores do franquismo . Os sádicos métodos pedagóxicos da profe Maruja eran normais daquela, e se cadra, ata aplaudidos: "laletraconsangrentra".


Lembro o sabor da boliña de anís que nos daba despois das malleiras. 

Nunca esquecerei aquel sabor:  unha mestura de anís, azúcre, bágoas saladas, mocos, saloucos e moita angustia infantil.

Cando a xente non é feliz agroma a maldade en tódalas súas formas: 

- Agresividade verbal e física.

- Falta de empatía e pracer en inflixir dano.

 - Prepotencia.

- Necesidade de facer de menos aos demais.

- Tendencia ao rexoubeo constante e  vixianza das vidas alleas a través das redes (patio de veciñas contemporáneo).

 -Necesidade de control das vidas  dos outros, real ou virtualmente.

-Envexa podre.

- Gosto por burlarse despiadadamente dos demais.

- Inclinación a sátira cruel .

-Desasosego e mala baba.

- Turbiedade.

-Egoismo patolóxico.

-Arrogancia.

-Cobiza sen límite....


E un longo etcétera de maldades sen catalogar.

Cadaquén que se mire no espello .

Nunca minte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Moitas grazas.