Estase ben nesta lúa.
Disfruto moito con cada regreso. Todo é igual en apariencia, pero xa nada é o mesmo
Facía moitos días coas súas noites , que non voltaba a este lugar.
Silencio e soedade.
Soa cos meus delirios.
Co meu excesivo pasado e co meu escaso futuro.
Soa neste PRESENTE con maiúsculas
Co que me ven a cachola, sen límites nen censuras.
Pregúntome a quen lle pode interesar o que aquí escribo .
Hai ollos cada día que se achegan.
Con que afán?
Que pode haber aquí de interese para ninguén?
En min permanece o exhibicionimo de antano de lianta impenitente. Pensar que pode haber alguén a outro lado estimula o pensamento e a imaxinación.
De tódolos xeitos, ás veces hai algunha cousa que si paga a pena para visitar este espazo.
Por exemplo esta fotaza de Lestón.
A lúa no corazón.