I CONCURSO INTERNACIONAL "O BERRO DE MELUSINA "
Se es poeta, esteta, anacoreta ou bolboreta, non dubides en
participar. Absterse proxenetas.
Deberás respostar á pregunta :
¿QUE SOÑAN AS SEREAS ENLATADAS?
A mellor resposta recibida na web de facebook O berro de Melusina obterá como premio unha serea enlatada de cola
verde e , por suposto, todo o noso recoñecemento e honores.
O prazo remata o venres 31 de xaneiro.
Ánimo e participa!
Podes axudar a promocionar o concurso compartindo esta entrada.
Boa idea.
ResponderEliminarIrei visitar a unha que coñezo e logo transcribo o que me conte.
Boa semana. JU
Apúntoche no mega concurso internacional , entón?
ResponderEliminarApunta, a punta, a pum ta ta tatarata...tá.
ResponderEliminarViva Galicia, ceibe de galegos como dios manda !! JU
Pero lembra que o que escribas irá ao caralibro. Son as bases do concurso. A que avisa non é traidora é avisadora. Hai tamén outra modalidade :fóra de concurso para os alérxicos ao face. Pénsao.
ResponderEliminarPor recomendación da doutora Prudencia Permanente a consulta da miña alerxia ó virus caralibro.
ResponderEliminarAportarei fóra de concurso.
JUdio pero contento.
A sus órdenes.
ResponderEliminarUnha dúbida, JU: viva Galicia ceibe? Ou viva Galicia ceibe de galegos como Deus manda? O poder dunha coma...
ResponderEliminarNon teña dúbida.
ResponderEliminarTal como está, acho que non fai falta explicar, dios en minúscula, por favor(xa coñece a miña teima),e a coma ou en coma, é como imos quedar tralo paso destes gobernos de tahúres herdeiros dun anano golpista ferrolán. Lembre, Fraga tamén morreu na cama (en Gasteiz non esquecemos), é o pai político destes malnados, entón, Paca "La Culona" ven sendo o avó.
Xa sabe como é a mafia: La Famiglia. Aclarado? JU
Deusa tamén con minúscula, non si ?
ResponderEliminarDepende, tal como vostede o enuncia na pregunta, parece correcto.
ResponderEliminarAfrodita, Deméter, Flora, Isis, Perséfone, Mut, Kali, Morgana, Venus, Ceres, Atenea, Driadas, etc...Son nomes propios de deusas, que se saiba o deus invocado polos católicos-cristianos non tiña parella. Pódese deducir e atrévome a decir que este é un deus misóxino e parece que chochea.
Rin Tin Tin era un pastor alemán, non si?
JU
Cada un coas súas cadacuneces...
ResponderEliminarNon coñezo o significado da verba, cadacunez. Sería tan amable de explicarmo? Sona ben. Gracias. JU
ResponderEliminarOs aprendices de cronopio /a temos estas cousas : adoramos inventar palabras tanto como os calamares, os sándwiches de queixo , as mangueiras azuis, ou bailar tregua ou catala, facendo burla dos famas.
ResponderEliminarCadacunez é algo así como "idiosincrasia". Tamén pode significar "teima", "obsesión", "manía".
Apunto.
ResponderEliminarXa gardo unha lata de luras ensirenadas na súa tinta que non deben chegar ó mar. Que es el morir?
JUlepe Macanudo
Aghradesida
ResponderEliminarXa falei coa serea.
ResponderEliminarA miña resposta podera ser: Nada. Tamén podería facer un exercicio de imaxinación, e decir calquera barbaridade ou poemizar sobor o enlatamento sirenio.
Parece ser que esta representación é errónea. Orixinalmente o corpo inferior destes seres, non era de peixe, se non de ave. Cambia o conto, querida amiga.
Elas soñan o que queiras soñar, pero si se dera o caso de atopar cunha delas, que sexa de cola dobre e que afine co serrucho, (así imaxino o seu canto), ao ritmo das ondas batendo nos cantís.
Sona a serea, vou embarcar. Kalinicta.
JUlises
Nado, entón.
ResponderEliminarTeñen que soñar, Bradomín. Híbridas e enlatadas ¿como non van soñar?
ResponderEliminarTerei que ve-las ao natural e tal vez consiga imaxinar o que soñan ou non soñan. Quén sabe?
ResponderEliminarJUlises
Ao natural ou en salsa de vieira. Se cadra, mellor na súa tinta.
ResponderEliminar"Soñaron que enlataban a tódolos patróns conserveiros que abusan, explotan e maltratan as/os empregadxs que traballan nas súas factorías" JUlises
ResponderEliminarMola.
ResponderEliminarMoito.
ResponderEliminarMazo. JU
ResponderEliminar