jueves, 30 de enero de 2014

SOÑOS




Los suenos (bandoneon solo) by Astor Piazzola on Grooveshark

"A metade do ser humano é soño. Ou máis." A. Cunqueiro




"O soño, como todo elemento de conexión psíquica, é un resultante da totalidade da psique, por iso debemos estar preparados para encontrar nel , todo aquilo que, dende épocas primitivas importou na vida da humanidade.
A vida humana en si non se limita a tal ou cal instinto fundamental senón que se constrúe sobre unha multitude de instintos, desexos, necesidades e condicionamentos tanto físicos coma psíquicos,".

Non me cansarei de repetir que nin a lei moral nin o concepto de Deus, nin ningunha relixión lle veu ao Ser Humano dende fóra senón que este, todo o leva dentro de si como en xerme".


 Enerxética psíquica e esencia do soño. (fragmentos)
C.G.Jung





Sempre me gustou, desde que exerzo. 
Non antes, porque non imaxinaba o que me agardaba. Pensaba que a investigación , a universidade era o meu destino, ata que a vida  colocou unha anaco de xiz na miña man e un grupo de adolescentes diante de min... Aí descubría a miña verdadeira vocación. 

A miña profesión é moi intensa , moi humana, esencial... 

Necesito escribir o que pasou onte na clase.

4º de Diversificación Curricular.Ámbito Sociolingüístico. Estamos  case no ecuador do curso : 

1ª Guerra Mundial, Revolución Soviética, 2ª Guerra Mundial, as vangardas artísticas, o surrealismo, Freud e Jung... Nada menos. 

A curiosidade deste grupo é infinita. Preguntan, comentan, participan, comparan coa realidade actual... en fin , un luxazo.

Como actividade de motivación, pedínlle que escribiran un soño recente. Era a primeira hora da mañá. Unha rapaza, normalmente  alegre e despreocupada , traía un xesto ríxido, serio. Comezou a escribir e de pronto rompeu a chorar. Moito. 
Conseguiu escribir o seu soño: un pesadelo terrible arredor da morte súbita da súa nai. Rematado o exercicio o seu rostro cambiara. Estaba relaxada, feliz.


Cando rematou a clase , chamou por teléfono a súa casa para comprobar que , efectivamente, fora un mal soño.

  Nada máis que comentar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Moitas grazas.