"A imaxe é o vehículo da emoción, é a súa enerxía, e con ela facilítase o acceso á consciencia, é dicir, que toda emoción é factible de transformarse nunha imaxe. Toda imaxe conforma un acto creativo e é por iso que o inconsciente fundamenta a creatividade"
C.G.Jung

“Desde el punto de vista espiritual, el viaje no es nunca la mera traslación en el espacio, sino la tensión de búsqueda y de cambio que determina el movimiento y la experiencia que se deriva del mismo”.
“En consecuencia
estudiar, investigar, buscar, vivir intensamente lo nuevo y profundo, son modalidades de viajar o, si se quiere, equivalentes espirituales y simbólicos del viaje”.
J.E. Cirlot

sábado, 5 de noviembre de 2022

DELIRIOS


A miña "obra" (delirio, mellor)  é xa máis densa que a miña vida.

Como xa son máis presente que futuro, sentín a necesidade de ordeala e clasificala.
Facer acopio e inventario de todos os meus delirios desde que comezaron ata a actualidade.

Unha sorte de catálogo de andar por casa.
E de escaparate, tamén...
 
Un álbum de fotos de familia, entrañable e caótico .





ElA . 2020

Lembrando a Man. En proceso. 2022

Na procura do Simurgh. 2018

Mulleres con cousas na cabeza . 2020

Mulleres con cousas na cabeza . 2020

Mulleres e literatura. 2020

Muller e arte .2020


Principio e fin. 2018

Principio e fin. 2018



Lembrando a Man (en proceso).2022

Árbore (en proceso). 2022



Mouras. 2017

Circe 2021


Xardín mental .2021

Fiandeiriñas.2018







 
















sábado, 29 de octubre de 2022

 

 

 

Estase ben nesta lúa.

Disfruto moito  con cada regreso. Todo é igual en apariencia, pero xa nada é o mesmo

Facía moitos días   coas súas noites , que non voltaba a este lugar.

Silencio e soedade.

Soa cos meus delirios.

Co meu excesivo pasado e co meu escaso futuro.

Soa neste PRESENTE con maiúsculas

Co que me ven a cachola, sen límites nen censuras.

Pregúntome a quen lle pode interesar o que aquí escribo . 

Hai ollos cada día que se achegan. 

Con que afán?

Que pode haber aquí de interese para ninguén?

En min permanece o exhibicionimo de antano de  lianta impenitente. Pensar que pode haber alguén a outro lado estimula o pensamento e a imaxinación.


De tódolos xeitos, ás  veces hai algunha cousa que si paga a pena para visitar este espazo.

Por exemplo esta fotaza de Lestón.



A lúa no corazón.

viernes, 28 de octubre de 2022

Moinanta











Dicía miña irmá:

"Ti non es filla de papá e mamá.A ti deixáronche na porta".

Pois creo que era certo.