miércoles, 8 de marzo de 2023

Cogumelos.


 Lembro perfectamente ese día.

Viñamos de Asturias, de percorrer paisaxes cheos de marabillas.

Nun deses paseos, atopamos un cogumelo impresionante polo seu tamaño, a súa  cor e a súa forma.

Nunca tal viramos.

Agora entendo o sentido e a liña dos acontecementos . 
Aquel ser extraordinario en forma de enorme cú branco era un sinal .
Ao regreso  da viaxe un persoaxe escuro, e non só de pel ,  agardaba a nosa chegada.

O que pasou despois a ninguén interesa pero abriu unha fenda baixo os nosos pés e xa nada foi igual. 

Foi moitísimo mellor porque desde entón abrimos ben os ollos ao importante.

E  así  ata hoxe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Moitas grazas.