jueves, 30 de marzo de 2023

Recuar


 Esa manía de aferrarmos tanto ás cousas, ás persoas ou  ás situacións implica un enorme desgaste.
Ás veces é inevitable porque así é a nosa natureza pero  é preciso ter sempre presente que o tempo é un vento furacanado que  poucas cousas deixa en pé.

Hai que aprender como e cando entregarse e como e cando retirarse, onde permanecer e de onde sair voando, ou no seu defecto,  recuar como os cangrexos.

Ser paxaros ou 🦀 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Moitas grazas.