sábado, 10 de diciembre de 2016

Alunizando de novo



Para que volvo a esta lúa?
Algo novo que contar?
Algo que poida interesar a alguén máis que a min mesma?
NON
NADA NOVO
NADA DE INTERESE.
Só o pracer e a vana ilusión de ordenar o caos.
Poñer orde na vida que flúe caótica e  parece que busca ser narrada.
E a iso viña eu antes. Eu que son unha pésima contadora de historias.
Unha auténtica teatreira . Unha cómica bastante tráxica, ás veces. E ata patética, outras.

Viña a iso. 
Antes.
Agora xa non.
Deleitémonos  no fragmentario.
As fotografías de Manuel falan por si soas.
E aí van uns cantos fragmentos vividos.
Deliciosamente sentidos.
Sen orde nin concerto.
Porque sinto que todo é para algo. Hai orde no caos. Unha lóxica interna no absurdo aparente.
Casi teño a certeza.

Ese paporrubio morreu ao día seguinte de tomarlle a foto. Non é posible que tanta beleza desapareza así.
Sen dúbida, existe agora noutro plano.
A saber en que se transformou...




















No hay comentarios:

Publicar un comentario

Moitas grazas.