"Os meus debuxos son para o século 21. Converten a composición e a forma
en dimensión, ritmo, símbolo e transformación dos números e os
principios." E. Kunz
Emma Kunz viviu desde 1892 ata 1963 na parte xermanofalante de Suiza. Foi recoñecida en vida como sanadora. Hoxe en día goza dunha gran reputación internacional polo seu traballo artístico.
Cando tiña 18 anos, empezou a usar as súas habilidades de telepatía, adivinación e como curandeira, e comezou a valerse do seu péndulo.
Logrou éxito a través cos seus consellos e tratamentos que ela atribuía á capacidade de utilizar e activar poderes que se atopan latentes en cada un de nós . Non menos importante foi o seu descubrimento en 1941 do poder curativo da roca de Würenlos que denominou AION A.
A partir de 1938, Emma Kunz creou debuxos a gran escala en papel cuadriculado.
Como artista visionaria legounos unha fascinante colección de obras de arte que codifican un coñecemento inconmensurable. Os seus debuxos son probablemente a forma máis directa de comprender a personalidade de Emma Kunz.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Moitas grazas.