martes, 27 de octubre de 2015

VERDE























 


1 comentario:

  1. Era unha mañá verde.

    As árbores erguíanse contra o ceo, unha tras outra, ata o horizonte. Non unha árbore, nin dúas, nin unha ducia, senón todas as que plantara en sementes e gromos. E non árbores pequenas, non, nin brotes tenros, senón árbores grandes, enormes e altas como dez homes, verdes e verdes, vigorosas e redondas e macizas, árbores de resplandecentes follas metálicas, árbores rumorosas, árbores que formaban reas nos outeiros, limoeiros, limeiras, sequoias,mimosas, carballos, olmos, chopos, cerdeiras, pradairos, freixos, maceiras,laranxeiras, eucaliptos, todas atrevesadas por unha chuvia embravecida, alimentadas por unha terra máxica e estraña, árbores que ante os seus propios ollos botaban novas pólas, novos brotes.

    -¡Imposible! -exclamou o señor Driscoll.

    Pero o val e a mañá eran verdes.

    E o aire?

    De todas partes, como unha corrente móbil, como un río das montañas, chegaba o aire novo, o osíxeno que brotaba das árbores verdes. Podíao ver, brillando nas alturas, en oleadas de cristal. O osíxeno, fresco, puro e verde, o osíxeno frío que transformaba o val nun delta frondoso. Un instante despois as portas das casas abriríanse de par en par e a xente precipitaríase no milagre novo do osíxeno, aspirándoo en bocanadas, con fazulas vermellas, narices fríos, pulmóns revividos, corazóns axitados, e corpos rendidos, animados agora en pasos de baile.


    Ray Bradbury; Crónicas marcianas

    ResponderEliminar

Moitas grazas.