domingo, 3 de agosto de 2014

Gramática dos soños

"A escuridade reina aos pés do faro. " (Proverbio xaponés) 



Faro de Lugrís



 A noite pasada tiven dous soños moi reveladores.
 Historias  diferentes pero cun mesmo sustrato.
 Ultimamente soño moito e recordo os soños con nitidez.

Algo fala desde adentro cunha linguaxe cada vez máis comprensible.
E fala sen cesar.
Gramática transparente.
Pistas e máis pistas sobre o que eu son .
O que quero ver e o que non.

Un libro aberto .

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Moitas grazas.