martes, 11 de febrero de 2014

CADÁVER "DELISIOSO"

Todo es tan importante by Marlango on Grooveshark

« Le cadavre exquis boira  le vin  nouveau »


 Século XX. As vangardas históricas. 4º De Diversificación.


 Súplica dun dos meus alumnos :

- Profe, cando faremos un "cadáver delisioso"?



 VOILÀ!!!!!





Cadáver exquisito realizado polos meus alumnos e "tuneado" por min"





 O que eles non sabían era que entre todos e todas , e sen prentendelo, debuxaron o meu fidelísimo retrato. 
Con pelos e sinais.




*********************************************************************************

TALLERES DE ARTETERAPIA
FUNDACIÓN GRANELL
Impartidos por ALBERTO PENA REY

Ciclo de talleres de arteterapia, unha viaxe ao teu interior a través da experiencia fundamental da creación, confiando no que emerxe de forma espontánea, manipulando materiais, investigando no manexo de técnicas e recursos plásticos, con obras de Arte como inspiración. 
Neste laboratorio experimentarase cos sentidos, coa atención ao corpo, á respiración e ás emocións, con tempos para comentar, quen o desexe, a súa experiencia. Non se requiren coñecementos previos ou habilidades especiais.
Estes talleres están dirixidos a persoas con interese polo autocoñecemento, que queiran entrar en contacto con técnicas e recursos de arteterapia, profesorado ou estudantes de ensinanzas artísticas. O que se pretende é afondar no propio, desenvolver a creatividade, a intuición, expresar a experiencia interior e compartir o proceso con outras persoas.


LUGAR: Fundación Granell, Praza do Toural. Santiago de Compostela
DATAS 2014: 26 febreiro_12 marzo_26 marzo_9 abril_23 abril_7 maio_21 maio_4 xuño_18 xuño_17 setembro_1 outubro_15 outubro_29 outubro_12 novembro_26 novembro_10 decembro.
HORARIOS: mércores de 16:30h a 19:30h.
PREZO: 30 euros por taller. Materiais artísticos incluídos.
MATERIAL: Roupa cómoda e un caderno para escribir o proceso persoal.
INSCRICIÓNS: e-mail: penareyalberto@gmail.com      Teléfono: 605574124 

Máis información no blog

No hay comentarios: