LALUNAQUESEMECETERNAMENTE. Fotografías de Manuel L.
Debuxos de Claudia.
Obras e delirios de Mónica.
Fotografías e debuxos orixinais polo tanto
NON SE PODEN UTILiZAR SEN CONSENTEMENTO DOS AUTORES.
Vale, si, inverosímil como a vida mesma, pero tan bonita...!
"Nasrudin solía cruzar la frontera todos los días, con las cestas de su asno cargadas de paja. Como admitía ser un contrabandista cuando volvía a su casa por las noches, los guardas de la frontera le registraban una y otra vez. Registraban su persona, cernían la paja, la sumergían en agua, e incluso la quemaban de vez en cuando.
Mientras tanto, su prosperidad aumentaba visiblemente.
Un día se retiró y fue a vivir a otro país, donde, unos años más tarde, le encontró uno de los aduaneros.
- Ahora me lo puedes decir, Nasrudin - le interpeló-. ¿Qué pasabas de contrabando, que nunca pudimos descubrirlo?
- Asnos - contestó Nasrudin."
Máis pelis :
DANS LA MAISON
Claude , o perverso e talentoso adolescente, convértese en Sherezade. Lembroume a un alumno que tiven hai moitos anos, igual de talentoso. Tiña unha mirada tan profunda sobre a realidade e o contaba de tal xeito, que eu tamén agardaba impaciente cada entrega. Nunha ocasión escribiu que o seu pai se enfadara tanto que o Cristo se lle puxera de punta. Tardei un chisco en comprender: o pai levaba unha cadea cun cristo moi apretada, e ao tensárselle o pescozo o Cristo poñíaselle erecto.
LE PRÉNOM
Divertida e crítica. Recordoume a Un Dios salvaje de Polansky. O que se oculta baixo a nosa apariencia tan "civilizada".
¿Qué máscara nos ponemos o que máscara nos queda cuando estamos en soledad, cuando creemos que nadie, nadie nos observa, nos controla, nos escucha, nos exige, nos suplica, nos intima, nos ataca?"
Ernesto Sabato
Sobre héroes y tumbas
"Somos tan complicados, nosotros, tan llenos de misteriosos resortes, de resonancias secretas, de alianzas y hostilidades, de encuentros y desencuentros… Jugamos un ajedrez casi demoníaco y maravilloso."
" O estudo non se mide polo número de páxinas lidas nunha noite, nin pola cantidade de libros lidos nun semestre. Estudar non é un acto de consumir ideas, senón de crealas e recrealas"
Paulo Freire
.
"A carroza " traballo realizado por alumnado de 3º e 4º de ESO do IES Leliadoura, coordinados polos Departamentos de Educación Plástica e visual e Lingua Castelá.
Xa estamos en ruta.
Subidos á carroza na compaña do Sochantre de Pontivy e dos outros
pasaxeiros do sobremundo ("difuntos vespertinos, pantasmas, hostes
cabaleiras, ánimas remitíndose de obrigas"), percorremos os camiños da
Bretaña, terra onde "a máis pequeniña fror que nasce en abril, á beira
dun camiño, non sabe si vai ser levada ao cabelo dunha nena ou tripada
polo pé dun esquelete que brinca dianteiro na hoste".
Nestas terras , onde mortos e vivos conviven en armonía, comeza a nosa
viaxe prometida polo universo cunqueirán. Será toda unha aventura,
preñada de seres entrañables saídos do maxín deste gran fabulador.
Este primeiro trimestre coñecemos aos seres de ultramundo que viven nas
páxinas das Crónicas do Sochantre : Mamers o Coxo, o finado de Quelven, o
médico Sabat, o verdugo de Nancy, Guy Parbleu ou a encantadora Madame
de Saint-Vaast. Escoitaremos unha e outra vez as historias nocturnas
desta "compañía de réprobos, pantasmas, aforcados e sombras" ,
compartiremos con eles unha pipa de cerveza e un bo xamón adobado con
pimenta porque os mortos "non poden comer pan trigo, nin cousa que leva
sal ou aceite, nin beber viño" pero son mortos moi vitais , cheos de humanidade, amantes da boa mesa e da boa compaña, que seguen
gozando da vida na morte . E nós con eles, con este batallón de xente
pacífica que o noso "Tim Burton galaico", o inefable Don Álvaro, describe con tanta tenrura.
"O escribano de Dorne, que parecía coñecedor daquela pousada, guióu á
hoste ao alpendre da esquerda, e alí apousentaron en roda, e visto que o
coronel demorábase, comenzaron unha cea de arenques afumados e sidra
doce, e un entremedio de ovos cocidos. O sochantre mercara en Huelgoat
unha peza de pan centeo, e cortaba unhas codas mui sabrosas, de costas
pra o médico Sabat, que era mui apetecido."
"A xerra de cerveza andaba de man en man e
de boca en boca. O señor sochantre facíase un algo de forza pra pór os
seus beizos por onde bebían os mortos, e quen partía o xamón era o
médico Sabat, que por certo toraba con moito xeito cun grande coitelo
gascón. Mui depreso de pimenta, non se lle botaba en falla ao xamón sal.
Os difuntos rillaban a modo, caladamente, uns de pe, outros sentados no
chan e madame de Saint-Vaast, mui envolveito o busto no seu boá de
prumas coloradas, no cabás de monsieur de Nancy."
… "Pra que me tirase pola cerveza comín uns arenques afumados e un pouco
de queixo de Fougéres, e descabecei un sonico, do que despertéi que me
apuraban augas menores."
No segundo e terceiro trimestre continuará a nosa viaxe por este
fantástico universo cunqueirán. Deixarémonos seducir polas historias de
Merlín e Simbad . Coñeceremos aos menciñeiros e os seus incribles
relatos. E CRearémolos e RE-crearémolos, (como non?). Alomenos esa é a nosa intención. Poblaremos o Leliadoura de monstros de dúas cabezas, centauros, sereas , bolimartes. gatipedros, e demáis fauna máxica. E o faremos, contra vento e marea. Contra recortes non só de recursos, senón do tempo necesario para que profesores e profesoras poidamos coordinar e planificar un traballo como éste. A ilusión non nola poden recortar.
Será un pracer poder compartir con todos vós esta viaxe delirante.
"Bretaña é unha terra mui apenedada pola banda do mar, namentras por onde se apega a Francia ábrese en longas chairas, estreitas valiñas e ledos outeiros . É terra mui viciosa de camiños, porque nela, amén da xente natural do sobremundo, andan doados e mui alertantes pasaxeiros, xentes das soterradas alamedas, difuntos vespertinos, pantasmas, hostes cabaleiras, ánimas remitíndose de obrigas; as máis delas, xentes pasadas ás que algunha peta non deixa sosego. (...)
Os vivos en Bretaña coñecen si os aers que corren son difuntos ou non, e quítanlle o sombreiro a unha brisa de maio, porque aduviñan que é a fermosa Ana de Combourg que pasa sorrindo por entre as ponlas verdes das abidueiras. Mozos hai que se namoran dun áer."
"Madame de Saint-Vaast era, en verdade, unha muller mui fermosa, branca como neve fina, os beizos dúas longas liñas roxas graciosamente curvadas, o seo abondoso e de sereo latexar, sucado por un enramo feliz de veíñas verdes; na seda azul da chambra, os botonciños parecían dúas gotas de sangue. O sochantre non sabía como quitar dalí os ollos"
Madame Clarine de Saint- Vaast
"E determinei entre min enveliñar a
miña irmá, indo a Audierne de visita, a buscar un descanso. Galván, o
menciñeiro, deume por unha libra de ouro catro graus do veneno que
chaman “tanatos umbrae”, preparados para esleir en papas de millo, que era o almorzo máis gustoso de Ana Eloisa." "Tapaba madame de Saint-Vaast o rosto coas mans, dous arboriños de dez ponliñas de marfil transparente, e salaiaba." "I entón eu poderei ir a miña campa, no vello camposanto de Audierne, tan a carón do mar, que trais os temporás de marzal téñense atopado peixes nos nichos. I eu non quero máis que durmir, durmir, durmir..."
O Sochantre de Pontivy
"Charles Anne Guenolé Mathieu de Crozon, máis coñecido como sochantre de Pontivy, naceu o día de San Come, do ano mil setecentos setenta e dous, na vila de Josselin, na doce ribeira do río Oust, en Bretaña de Francia. O seu pai era daqueles máis naturais De Crozon do soar de Paimpont, que gozaban -por privilexio con patente- do dereito a correr cun pano verde polas rúas de Rennes berrando, que viña o Rei, cando o Cristianísimo escribía que ía visitar Bretaña, aínda que despois non o fixese. Tiña de vidro o ollo esquerdo, e tallárallo en Chartres un alemán: era unha lucida peza azul con fibras de ouro. A súa nai procedía de Angers, dunha familia de maxistrados; era unha mulleriña moi bela, pequeniña, de pouca saúde; para curala dun flato suspenso que lle quedou dun mal parto, o médico receitáralle augardente con quina, e despois de tomarse o gusto á medicina, afeccionouse á bebida; morreu ao pouco tempo, cando Charles Anne, o seu único froito logrado, contaba once anos de idade."
"¿E qué lle querían a el ao probe sochantre da Colexial de Pontivy,
sempre aterecido de frío, sempre aloumiñando soños que nunca se
cumprían, tocando o seu bombardino nos enterros e coro, contando a
escuso os seus poucos luises de ouro, por toda luxuria apertando cada
mañán as rizadoras de madame Clementina, por toda gula unha tortilliña
de herbas finas e unhas troitas empanadas? ¿Non houbera sido millor que
aquel sono que o collía polas noites, cáseque sempre cando ceaba alfo de
máis, carne salpresa con repolo e salchichas, poño por caso, e que
figuraba á artilleira da casa paterna, colléndolle o bombardino ao pe do
leito, o bombardino que xa era un cañón que medraba e medraba, i
estoupaba con estrondo, i el espertaba asustado e berrando porque a
metralla esfarelárao, se tivera cumprido?."
…
"Madame de Sait-Vaast poñíase colorada, e ao señor Sochantre apertábaselle algo no corazón e apostábaselle un bolo na gorxa ¿Andaría el a namorarse dunha difunta? ¿E quen diría que fose unha difunta tanto morno brancor, tanto garimoso mirar? Tiña ela un aquel de saca a pontiña da lingua e amollar os beizos, primeiro o de enriba e despoixas o de embaixo, e De Crozon, que ollaba entornado, por non dar máis que falar ao escribano, sin decatarse repetía a monica, i ela entón erguía máis a cabeza e fitaba pra o Sochantre mui serea, como dándose por apreixada nun bico que nin siquer ousaba saír ao áer" "Madame de Saint-Vaast cruzou os brazos debaixo da cachola, i escorréronselle as mangas pompelanas, e asomaba aquela soave albura mesmo nos ollos do sochantre. Ao sochantre, de neno, a artilleira cortáballe as pestañas, pra que lle medrasen, e medráronlle abofé mui lucidas e longas, e o noso De Crozon foise quedando agora adormecido pensando que si erguía un chisco a cachola podería facerlle á madame unhas cóxegas cáseque mesmo no sobaquillo. A aventura púxolle unha sorrisa nos beizos denantes de adormecer de vez. Soñou que madame vivía con el na pumariña de Quelven, e que lle arrincaba as pestañas pra tecer con elas un cordón pra o corsé. E ao sochantre gustáballe que llas quitase."