viernes, 20 de abril de 2012

CREATIVIDADE I

"Nos momentos de crise, só a imaxinación é máis importante que o intelecto" A. Einstein

Inauguro con esta entrada, unha serie de reflexións e experiencias concretas sobre creatividade e educación, tema que me ocupa e preocupa particularmente.

Estamos en primavera e as ansias por buscar novos camiños , as ideas lixeiras como volvoretas e as intuicións multicolores,  agroman como as margaritas nos campos.

Durante todo este curso foi fermentando este proxecto e agora, chega o momento de sacalo a luz. Probablemente só teña transcendencia para min e non sirva para ninguén máis . Se cadra é outro mais dos meus delirios. Pero ao mellor a alguén lle aporta algo e este é o motivo de traelo aquí.

Poñerei a funcionar o meu hemisferio esquerdo (que sempre está de vacacións) e intentarei explicar con orde e  o maior rigor posible, en que consiste este "delirio".
O proxecto leva por título : "O PRINCIPIÑO E O HEMISFERIO DEREITO DO CEREBRO" e nel estamos implicados moitos departamentos didácticos do  IES onde traballo, pero tamén dous centros de Educación Infantil .


E polo momento, "ata aquí podo ler". En próximas entradas  intentarei explicar e mostrar polo miúdo o proceso de traballo  e  cara onde queremos chegar (se é que chegamos a algures).

Para irnos ambientando, uns cantos vídeos motivadores que seguro, xa coñecedes.




 





2 comentarios:

  1. Qué maravilla de fotos las de ahí abajo! Qué belleza, qué luz, qué alegría por Dios!
    Y cuánta, cuantísima información interesante aquí arriba, Mónica! Me la voy a mirar despacito. Qué suerte que tengo un finde largo por delante!
    Besos!

    ResponderEliminar
  2. ¿A qué piso va usted, señorita sirena?

    Bienvenida ! Me alegro de que hayas venido. Espero que te sirva de algo.
    Un abrazo.

    Mónica

    ResponderEliminar

Moitas grazas.