jueves, 2 de junio de 2011

A MALDICIÓN DE MELUSINA



Fotografía de Manuel


Para tódolos Raymondines que axexamos tralas portas.


Ollo con Melusina.

É cruel e sanguinaria cos que se mofan e alimentan das debilidades humanas, ignorando as propias. Tamén cos cobardes, cos soberbios, cos mentireiros , cos farsantes, con Bradomines, cos narcisistas, cos banqueiros , cos sentacátedras, cos envexosos envenenados e cos prepotentes (barra as). Se eres un deles, máis vale que a deixes de espiar e fuxas porque a súa vinganza será terrible.

Os que axexan co corazón limpo, non teñen nada que temer.
No fondo Melusina é unha exhibicionista e gosta de mostrar o seu fermoso e estraño corpo híbrido.

O que avisa non é traidor, é avisador.

(coidado Melusina, non deixes que a cola mova ao can)