miércoles, 23 de febrero de 2011

DESFILE FINAL DO CIRCO DA LÚA I

Todo acaba.
Tamén este circo .
Está a piques de concluir a súa xira mundial polo territorio dos soños.
Trapecistas, acróbatas, mulleres sen cabeza, pallasos e pallasas, funambulistas e malabaristas. Todos e todas desexan sair á pista e despedirse.

Foron días intensos, de fortes sentimentos, de emocións espidas e estreita comunicación con todos vós, o público do circo da Lúa.

Os artistas choran porque xa vos botan de menos e agardan , ansiosos, á proxima primavera, na que este circo lunático emprenderá de novo o seu camiño, por montañas e vales, ríos, pobos e aldeas ata chegar aquí , ao Océano, a esta praia salvaxe e solitaria , onde arrecende a MAR, a sal, a peixes, a restos de naufraxio,a corpos esbaradizos de sereas namoradas .

E agora, que comece o desfile.
Con todos e todas vós.....

A MULLER BARBUDA
QUE SEMPRE BEBE
LICOR DE RUDA
A NENA DE MOITOS OLLOS
A NENA DE MOITAS PERNAS
O NENO QUE NON TEN PIOLLOS
A MULLER SARDIÑA,
TAN DELGADA
QUE ESTÁ NA ESPIÑA
O SEREO TRICÉFALO
A FERA CORRUPIA
UNHAS VECES BOA
E OUTRAS UNHA LURPIA
A MULLER SEN CABEZA
AÍNDA QUE PARTIDA EN DOUS,
É MULLER DUNHA PEZA
A MULLER CARACOL,
A QUE LLE PON OS CORNOS AO SOL
O HOME MÁIS ALTO DO MUNDO

E O SER MÁIS NAUSEABUNDO...




A NENA DE MOITOS OLLOS



A NENA DE MOITAS PERNAS


Nicoletta ceccoli




Circo del sol - Musica del circo






4 comentarios:

  1. que lindas cosas por aca!

    un saludo y cosquillas!

    ju

    ResponderEliminar
  2. Hola, Ju. Bienvenida. Me encanta tu foto.
    ¿qué se siente al besar a una escultura,además de frío?

    Cosquillas también para ti.

    ResponderEliminar
  3. He venido a despedir al circo y a sus habitantes... y a saludar a las mujeres con alas que hay por aquí junto con acróbatas chinescos y demás familia en Argentina oliendo aromas de flores captadas por la mirada de Manuel y envueltas en sabias palabras galeanas y marquezianas... dentro de un cronopial cerebro.

    Un beso, guapa.

    ResponderEliminar
  4. Tranquila Joy. Si aún no nos vamos de todo. Los cronopios somos densos, ya sabes, y si a la gente normal le lleva un segundo despedirse, nosotros podemos tardar un lustro en hacerlo.

    Van a desfilar todos los artistas, porque así me lo han pedido, y todavía habrá alguna que otra sorpresa, te lo aseguro.

    Un beso Joy, y gracias por tu fidelidad.
    De corazón.

    ResponderEliminar

Moitas grazas.